Carballo a un paso

Compartir:

Abrimos un novo punto de información turística na praia de Razo!

Mantemos tamén aberta a Oficina de Turismo situada no Museo de Bergantiños e ampliamos horarios para atendervos durante o verán

Punto de información turística en Razo

Punto de información turística en Razo | 📷 Turismo Carballo

9 de xullo de 2021 - Este verán abrimos un punto de información turística na praia de Razo. Situada na zona do bar O Cordobés, moi preto do posto de socorrismo, estaremos durante os meses de xullo e agosto para axudarvos en todo o que necesitedes. Mapas, rutas, información sobre os nosos murais de arte pública, para o que se vos ocorra, alí estaremos. O horario será o seguinte:

  • De martes a venres: de 11.00 a 14.00 e de 15.30 a 18.30 h.
  • Sábados e domingos: de 11.00 a 15.30 h.
  • LUNS PECHADO

Ademais, ampliamos o horario da Oficina de Información Turística situada no centro de Carballo no Museo de Bergantiños. Durante os meses de xullo e agosto o horario será:

  • De martes a venres de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas.
  • Sábados e domingos de 10.00 a 14.00 horas.
  • LUNS PECHADO
Agora só tendes que vir a visitarnos! Agardámovos!


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica