Carballo a un paso

Compartir:

Ábrese o prazo para presentar series ao VIII Carballo Interplay!

O Festival carballés de Contidos Dixitais terá lugar do 6 ao 9 de setembro de 2021 e repartirá 6.600 euros en premios; apuntádevos!

Carballo Interplay 2021

16 de febreiro de 2021 - Xa está aquí a oitava edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará do 6 ao 9 de setembro. Despois do éxito da sétima edición que tivo que celebrarse online e en outono, pero que a pesar diso contou con máis de 23.000 visualizacións, xa estamos preparando a de 2021. Por iso, xa temos aberto o prazo inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas series ou proxectos de serie á sección oficial, que repartirá 6.600 euros en premios. Poden facelo dende hoxe mesmo e até o 15 de xuño de xeito gratuíto a través da web carballointerplay.com.

Para participar na Sección Oficial a concurso, as series deben ser producidas entre os anos 2017 e 2020 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, pero poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou de animación, nacionais ou internacionais. Entre as propostas recibidas, un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e da cultura premiará a mellor serie estatal, a mellor serie internacional e a mellor serie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. As escollas do xurado novo e máis do público levarán 400 euros e trofeo, cada unha. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.

Premio de webserie en galego

O Carballo Interplay conserva ademais, na súa oitava edición, a dotación económica de 3000 euros para o premio a proxecto de webserie en galego. A data límite para presentarse é o 31 de xullo de 2021 e os proxectos deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais, pensadas para seren publicadas e difundidas a través de Internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres), pero poden ser de imaxe real, animación, stop motion ou técnica combinada.

+info:


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica