Carballo a un paso

Compartir:

Volve o Rexenera Fest!

O festival de arte pública de Carballo celebrarase entre o 16 e o 26 de xullo con 5 artistas de Madrid, Cataluña, Galicia e Euskadi

Rexenera Fest 2020

Carballo volve a acoller o Rexenera Fest! O festival de arte pública celebrará a súa sexta edición entre o xoves 16 e o domingo 26 de xullo de 2020 con cinco artistas convidados. A cita adoita celebrarse todos os anos a finais do mes de maio, pero a pandemia da COVID-19 obrigou a aprazar o festival que sempre invade Carballo coas brochas, sprays e pinceis e chea de cor os muros da localidade.

Finalmente, podemos anunciar que o Rexenera poderá celebrarse, aínda que con todas as medidas de seguridade e prevención que esixe a situación sanitaria. Así, o festival consistirá exclusivamente en pintar os murais de gran formato, xa que a organización prescinde das actividades paralelas que se celebraban en cada edición (concertos, conferencias, masterclass…). A pesar de todo, está previsto realizar vía online algunhas citas que se irán anunciando en próximos días.

Artistas convidados

En canto aos artistas convidados a pintar, este ano son cinco, chegados desde Madrid, Cataluña e Euskadi e con dous procedentes de Galicia. Aquí tendes os seus nomes:

O festival

O Rexenera Fest reúne cada ano durante unha semana na primavera a varios artistas do mellor da escena galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana. Durante a celebración do festival, os/as artistas invitados/as traballan de forma simultánea en diferentes localizacións ás que veciños e visitantes de Carballo poden achegarse para apreciar a habilidade e a destreza dos/as participantes e observar in situ o proceso artístico de cada obra.

Un ano máis poderemos gozar dun festival que nos deixa unhas espectaculares obras de arte que contribúen a terminar con parte do feísmo das rúas da localidade para ir «construíndo» novos espazos cheos de cores e formas. Ao final créase unha imaxe vangardista e embelecida que co tempo converteuse nun dos principais recursos turísticos de Carballo.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica