Carballo a un paso

Compartir:

A creatividade invade Carballo o 10 de setembro con Arte na Rúa

No Xardín Municipal en horario de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 con actividades, obradoiros, mostras artísticas e diversión durante todo o día

Arte na Rúa

Cartaz de Cristina Castro

Carballo transfórmase un ano máis da man da arte grazas a Arte na Rúa, unha iniciativa da Asociación Crea Formas Artísticas na que a vila vive durante todo un día por e para o mundo da arte e da creatividade. Creadores e creadoras do municipio, pero tamén da comarca, únense para ofrecer o mellor do seu traballo, pero tamén para ensinarlle aos demáis como dar renda solta á súa imaxinación. Música, danza, literatura, exposicións, obradoiros, exhibicións... e moito máis para poder unir a todas as disciplinas artísticas nun mesmo espazo, neste caso o Xardín Municipal.

A organización xa ten pechada a celebración de máis dunha ducia de obradoiros, con propostas tan orixinais como a creación de mandalas, papiroflexia, reciclaxe artística, arte no chan ou mesmo un taller para crear un instrumento musical. Calquera pode participar de balde. Para facelo, podedes pedir máis información no Facebook do evento: Arte na rúa. Ademais haberá un posto específico atendido por Milagros Cotelo para pedir información sobre os obradoiros durante toda a xornada.

Disciplinas variadas

Aquí tendes a listaxe coas citas que xa están pechadas, pero non vos despistedes que sempre hai incorporacións interesantes de última hora. Polo momento, están confirmados os seguintes:

Tamén haberá música para animar a xornada e moitas sorpresas que só descubriredes se vos achegades ao Xardín

Ademais, tamén haberá actuacións musicais ao longo da xornada, con artistas como Diego Vivaldi e Perfect Fith e moitos máis. Non o perdades, buscade a hora e a actividade que mellor vos conveña e achegádevos. O sábado 10 de setembro de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica