Carballo a un paso

Compartir:

Carlos Baute, protagonista das festas de San Xoán 2016!

Actuará no concerto do 24 de xuño na Praza do Concello, onde cantará todos os seus grandes éxitos

Carlos Baute

Carlos Baute

“Perdimos el control”, o último gran éxito de Carlos Baute, soará o 24 de xuño na Praza do Concello de Carballo. O cantante, compositor, actor e presentador venezolano será a gran estrela das festas de San Xoán, que se celebrarán do 22 ao 26 do mes que vén. Desvelamos, polo tanto, un dos principais ingredientes dunhas celebracións que prometen dar moito espectáculo, e das que nas vindeiras semanas iranse coñecendo máis detalles.

Carlos Baute ten recibido numerosos premios na súa carreira, ademais de ter recollido moitos discos de ouro e platino

Carlos Baute recollerá o vindeiro 14 de maio en Marbella o Premio Latino de Oro ao mellor cantante, pero ao longo da súa dilatada carreira profesional ten sido merecedor de numerosos galardóns, entre eles dous Ondas ou tres premios Dial, ademais de  certificacións en discos de ouro e platino.

O artista amosa a súa faciana máis divertida en Youtube

Por certo que este tema, que quen máis e quen menos tarareou nos últimos meses, está incluído na banda sonora da telenovela chilena Pobre gallo. Pero quen non ten cantado e bailado temas como “Quién te quiere como yo”, “Amarte bien” ou “Colgado en tus manos”, no que fixo dúo con Marta Sánchez.

Con preto de 2,5 millóns de seguidores en Twitter e outros tantos en Facebook, en setembro do 2015 Carlos Baute lanzou a canle de YouTube “El mundo de Baute”, no que se amosa moi próximo. Cada mércores podedes ver un novo vídeo no que comenta temas variados e cotiáns, e ademais faino con moito humor.

Xa nos tarda velo en directo. A vós non?


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica