Carballo a un paso

Compartir:

A nova banda sonora de Carballo

Varias bandas carballesas están a gravar un CD conxunto

Carballo caracterizouse sempre por ser unha vila de boas vibracións musicais. Quizais por contar cunha poboación nova e dinámica, o certo é que na capital de Bergantiños hai un bo número de bandas. Varias delas están a gravar nestes momentos un CD conxunto, unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Normalización Lingüística, aberta a calquera grupo da vila que desexe unirse a este proxecto en curso.

Até o momento, participan da iniciativa os grupos Killer Cats, The Cerne, Dude, Lowcos, Versión Imposible, PortakomPorta, Cru e Sonseis, ingredientes todos eles que lle están a dar a este cóctel musical un sabor moi rockeiro. Cada un deles participa cunha canción. Pode ser orixinal ou unha versión. A única condición da organización: que sexa feita en galego e que a banda, ou algunha das persoas que a compoñen, sexan de Carballo.

As gravacións están a desenvolverse nos estudos da Escola da Rúa. A organización e produción corre de man da empresa carballesa Mamá Lola Studos, que tamén se encargará da elaboración dun videoclip no que participarán as distintas bandas que compoñen o proxecto. Mamá Lola elaborará, así mesmo, o tema que conduza o videoclip e fará os arranxos musicais para o mesmo. "Intentaremos que a xente escape do que fai habitualmente", afirma, en relación ao videoclip, Nanny Mouro, músico e integrante de Mamá Lola Studios, que tamén gravará unha canción propia para o CD.

Aquelas bandas que desexen unirse ao proxecto poderán facelo poñéndose en contacto con Mamá Lola Studios.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica