O Razo máis rock
Este venres actúan Josele Santiago e Killer Cats
Josele Santiago
Non só praia e sol podes atopar en Razo, senón tamén música, teatro, espectáculo… O areal de Razo destaca pola súa actividade cultural e, sobre todo, musical. Escenario no verán de festivais como o Pop Up e Sereas e Piratas, tamén os locais hostaleiros de Razo están a amosar unha interesante programación de eventos. Este venres, 23 de agosto, será noite de rock. No Art Bar actuará Josele Santiago e na tasca O Codo, o grupo carballés de rockabilly, Killer Cats.
No Art Bar tivemos oportunidade de ver xa, noutras fin de semanas deste verán, ao coñecido monologuista galego Carlos Santiago e ao noso carballés máis televisivo, o humorista Rober Bodegas.
Killer Cats
Agora tócalle a vez a un nome destacado do rock estatal, Josele Santiago, ex compoñente do grupo Los enemigos que, dende 2004, ten xa publicado catro traballos en solitario. Actuará este venres no Art Bar a partir das dez da noite. A entrada, a seis euros, están á venda en Art Bar e Teiron Surfcamp.
A tasca O Codo será o escenario da actuación dunha das bandas carballesas máis coñecidas, Killer Cats. O grupo, integrado por músicos que xa formaron parte doutras formacións, repasará, no seu repertorio, temas clásicos do rockabilly, dende os anos 50 até os 80, incluíndo tamén temas de grupos españois de finais desta década, como Gatos Locos e Los Rebeldes.






