Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A axenda da finde

Compartir:

A axenda da finde

Foron varias as propostas, para esta fin de semana, que ficaron canceladas como mostra de loito. Mais hai outras que se manteñen

Foron varias as propostas, para esta fin de semana, que ficaron canceladas como mostra de loito polo grave accidente ferroviario acontecido este mércores en Santiago de Compostela. Mais hai outras que se manteñen, como o Festival Breogán, no Porto de Lira (Carnota) ou as actividades que pecharán a escavación do castro de Mallou, tamén en terras de Canota.

En sinal de loito, foron cancelados en Carballo o Festival Sereas e Piratas, que ía celebrarse este sábado na praia de Razo, e mais a actuación de contacontos grupo teatral Glup Glup Teatro prevista para este venres, 26. O espectáculo infantil será trasladado á semana que vén, ao venres 2 de agosto. Tamén quedou suspendida a feira medieval de Fisterra, que ía ter lugar nesta fin de semana.

Degustando produtos galegos

Galipizza

Galipizza de razo e grelos

Dende este venres ao día 28, no porto de Lira, terá lugar a Festa de Breogán, unha cita coa comida e coa música do país. Todos os produtos que aquí poderás degustar son galegos, xa non só o marisco (longueirón, percebe, polbo…) e o resto da comida (dende galipizza até chourizos crioulos) senón mesmo os licores, a cervexa, a xenebra, o vodka e, por suposto, o viño, de catro denominacións de orixe (Godello, Ribeiro, Albariño e Mencía).

Mais a Festa de Breogán é non só comida, senón tamén música, unha romería contemporánea en clave de música galega, dende a pachanga até o tradicional pasando polos máis actuais e diferentes estilos.

Feira medieval na Coruña


Quen prefira viaxar ao medievo bastaralle con desprezarse até a Coruña. A decimonovena edición da coñecido como Feira das Marabillas converterá ao casco vello herculino nun barrio medieval do 23 até o 28 de xullo.

Na Praza de María Pita mesmo haberá torneos e xustas medievais, todos os días de doce do mediodía ás oito da tarde.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica