Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Mercadillo de oportunidades do CCA!

Compartir:

Mercadillo de oportunidades do CCA!

No segundo andar do Mercado o sábado 22 e domingo 23 de setembro con descontos en productos seleccionados que poden chegar ao 80 por cento

Quedaches con gañas de comprar ese vestido tan chulo? Apetéceche renovar un recuncho da túa casa? Ou faiche falta algo para o teu meniño ou meniña? Pois estás de sorte porque podes conseguilo todo a uns prezos inmellorables no Mercadillo do Centro Comercial Aberto Carballo previsto para o sábado 22 e domingo 23 de setembro. O horario para os dous días é de 10.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas e o lugar, o segundo andar do Mercado Municipal. A actividade pretende dar saída aos produtos excedentes de campaña cun total de 22 establecementos comerciais participando no evento e con 20 dos postos ocupados por comerciantes carballeses.

No mercadillo atoparemos produtos dos sectores máis variados: moda muller, home, infantil, puericultura, deporte, calzado, regalo, decoración, complementos, moda íntima e un longo etcétera. Os descontos poder ser de ata o 50, o 70 e mesmo o 80 por cento. Formará tamén parte do mercadillo o propio CCA e tamén haberá un Mercadillo Infantil. Así, a organización pon un espazo a disposición do público infantil para que eles expoñan os seus propios artigos: pulseiras, chaveiros, produtos artesán, … ou aquelo que consideren do seu interese. O mercadillo infantil celebrarase só en xornada de tarde. Para inscricións ou obter máis información, os interesados e interesadas poden acudir á sede social do CCA Carballo, na rúa Fomento 21-23, 1º de Carballo, contactar co teléfono 981 701 613 ou no enderezo <info@ccacarballo.com>.

Listaxe de postos

  1. - 15
  2. A Fragua de Mo
  3. Adamela
  4. Akira
  5. Alesi
  6. Alonso Moda
  7. Atelier
  8. Bámbola
  9. Calzados Susa
  10. D&A Complementos
  11. Deportes San Remo
  12. El Rincón de María
  13. Miriñaque
  14. Moda Suárez
  15. O Armario de Pati
  16. O Barco dos Soños
  17. Poppy
  18. Retoños
  19. Zapatería Esther
  20. Zocas
  21. Mercadillo Infantil
  22. Posto do CCA


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica