Carballo a un paso

Inicio // Artigos // As figuras simbolistas, clásicas e sutís de...

Compartir:

As figuras simbolistas, clásicas e sutís de Bosoletti: no Rexenera Fest

As actuacións do creador arxentino sempre tentan respectar a memoria dos lugares e das xentes que habitan os espazos dos seus abraiantes murais

Proxecto Iside en Nápoles

Proxecto "Iside" en Nápoles

O arxentino Bosoletti é a segunda das confirmacións do festival Rexenera Fest. Criado en Armstrong, unha pequena vila da provincia de Santa Fe, Francisco Bosoletti mantén unha ollada pura e primixenia sobre a vida, a natureza e a humanidade. Baseado nun estilo clásico, o traballo de Bosoletti apoiase en simbolismos, en representacións humanas ou en fortes apelacións visuais. Bosoletti traballa con figuras en conxunto cos elementos da natureza, particularmente as femininas e os seus destinos.

Emprazados en Portugal, Alemaña, Italia ou a súa arxentina natal, entre outros moitos lugares, os seus murais evocan serenidade e pracer visual, pero implicando un espertar de conciencias. A consciencia de que a vida pasa pero sen saber moi ben o que nos concirne ou o que somos capaces de facer ou decidir por nós mesmos. A consciencia de que a vida debería ser unha constante loita influída sobre todo pola lóxica.

O efémero da existencia

A súa pintura obriga ao espectador a mirar de maneira diferente, refinando a súa sensibilidade e recorrendo a diferentes modelos perceptuais que os habituais e tranquilizadores. Os ollos entumecidos intentan capturar as súas imaxes recen reveladas, receptores case saturados de visións berradas por debaixo do limiar da conciencia, descobren figuras que emerxen do fondo repentinamente e espertan unha forma de percepción nova, máis sutil e poderosa.

Bosoletti pinta as súas paredes respectando a memoria dos lugares e das persoas que os habitan. As súas intervencións acompañan a idea de que o tempo pasa, escondendo e revelando ao mesmo tempo visións que parecen persistir nun presente eterno e que lle lembran ao home o efémero da súa existencia.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader