Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Propostas para todos os públicos e todas as...

Compartir:

Propostas para todos os públicos e todas as sensibilidades no Nadal Cultural 2016

Teatro, monicreques, maxia, música, os Reis Magos, o Apalpador, arte, literatura e exposicións teñen cabida no programa

Cartel do Nadal Cultural 2016

Cartel do Nadal Cultural 2016

Teatro, monicreques, maxia, música, os Reis Magos, o Apalpador, arte, literatura, exposicións... son só algunhas das actividades que animarán o Nadal de Carballo 2016 durante todo o mes de decembro e até o 8 de xaneiro. No programa de este ano terá tamén dobre participación o DAC Outono Cultural da Deputación da Coruña: as Irmandades da Fala animarán as rúas da vila o domingo 11; e, o venres 16, Carlos Blanco e o ilustrador do Faro de Vigo Luis Davila, O Bichero, representarán no Pazo da Cultura un divertido combate humorístico, unha cita de balde para todos os públicos.

Carlos Blanco e o ilustrador Luis Davila, O Bichero, actúan de balde o venres 16 de decembro no Pazo da Cultura

Xa habituais no programa carballés son os Cantos de Nadal e a entrega de premios do Concurso de Postal e Cartaz de Nadal (sábado 17 de decembro), nos que os afeccionados á musica poderán gozar dos cors Voces Brancas, o O Candil, Vagalume e ACRD Razo. Todo Lar, un ano máis, patrocinará os premios e agasallos, nunha edición na que participaron preto de 1.500 nenos e nenas.

Nadal Pequespectacular

As datas do Nadal Pequespectacular van do martes 27 ao venres 30 de decembro. Serán catro as actuacións, con entradas a 3 euros (2 euros con desconto): para rapaces maiores de 3 anos, o teatro da compañía Caramuxo (día 27), os monicreques de Baobab (día 28), o musical da Carapuchiña Vermella de Educateatro Producións (día 29); e para cativos e cativas maiores de 5 anos, Cayetano Lledó levará ao Pazo da Cultura amaxia de Máximo Circus Cabaret (día 30). Todas as citas contan coa colaboación da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Tampouco faltará, o xoves 5 de xaneiro, a tradicional Cabalgata de Reis polas rúas de Carballo, e tamén das parroquias de Artes, Baldaio, Berdillo, Oza, Entrecruces e sísamo. A comitiva rexia visitará, o día 6, Razo, Lema, Cances Ardaña e Sofán. Ademais, están programadas presentacións literarias e contacontos na Biblioteca Rego da Balsa; Mercarte, de Crea Formas Artísticas, unha cita coa arte local, no Mercado Municipal; visitas do Apalpador, iniciativa e Senda Nova; exposicións fotográficas; a campaña de Nadal Semecachadescóntovos do comercio local; e actividades específicas para a terceira idade, como bailes con Rocío Pérez, os domingos 18 de decembro e 8 de xaneiro.

Entradas e convites

CONVITES PARA O ESPECTÁCULO DE CARLOS BLANCO E LUÍS DAVILA. Recollida previa de invitacións a partir do venres 9 ao xoves 15 de decembro, de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 20.30 horas no Pazo da Cultura; o venres 16 de decembro de 11.00 a 14.00 horas no Pazo e a partir das 19.30 horas na billeteira. Máx. 4 por persoa.

ENTRADAS NADAL PEQUESPECTACULAR. Reserva de entradas do 19 ao 30 de decembro, de 11.00 a 14.00 horas. Máx. 4 por persoa. Venda de entradas: os días de función desde ás 16.30 horas.

PAZO DA CULTURA: Rúa do Pan, s/n 15100 Carballo. Teléfono: 981 704 300.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica