Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Para fuxir do frío de decembro, non dubidedes en gozar con exposicións de fotografía ou de motos antigas e coas nosas panxoliñas; arrinca o Nadal!

VENRES, SÁBADO E DOMINGO

Exposición

Exposición "Retrospectiva. 10 premios Luis Ksado" no Pazo da Cultura

Exposición "Retrospectiva. 10 premios Luis Ksado". Pazo da Cultura. De 18.00 a 21.00 h. Dende o xoves 10 de decembro e até o 7 de xaneiro, e por suposto, durante toda a fin de semana, podedes visitar no 3º andar e no andar -1 do Pazo da Cultura unha mostra fotográfica que recolle imaxes impactantes, fermosas e de gran calidade que teñen gañado nalgunha edición o Premio Luis Ksado, un galardón que naceu no ano 1997 con vocación de fomentar a creatividade fotográfica ligada ao fotodocumentalismo. Foi unha iniciativa acollida pola Deputación da Coruña e mantida ao longo dos anos formando parte dos premios do organismo que se dedican á cultura e á arte. Poderedes ver imaxes de fotógrafos tan recoñecidos como Peter Marlow, Xulio Villarino, Vari Carames ou Fernando Fernández Paz. Non deixedes pasar a oportunidade de gozar con elas! Acceso libre.

SÁBADO

2º Premio Concurso de Nadal

Lola Castro Varela de 6 anos do CEIP A Cristina, gañou o 2º Premio

Cantos de Nadal e entrega dos premios do Concurso de Cartel e Postal de Nadal. Pazo da Cultura. 18:30 h. Os nenos e nenas dos coles de Carballo festexan o Nadal coa entrega de premios do Concurso do Cartel e Postal de Nadal e con cancións e panxoliñas. Como en anos anteriores, as agrupacións infantís Coro Vagalume e Coro o Candil interpretarán un repertorio clásico de panxoliñas, mais este ano tamén participan coa súa música a Asociación Recreativa e Cultural San Martín de Razo e as cantareiras da Asociación Cultural Argazo. Ademais, Todo Lar colabora de novo patrocinando os agasallos que se reparten entre os gañadores e gañadoras. A cita está organizada polo Concello de Carballo coa colaboración das agrupacións musicais do municipio. Estades todos e todas convidados! Entrada de balde.

Magosto e presentación do III Inverno Ancestral. Local social de Senda Nova. 19.00 h. Remata o outono e xa é tempo de vivir o inverno, e non hai mellor maneira de facelo que a través da ollada da Asociación Ambiental Senda Nova, que presenta numerosas e atractivas propostas para vivir o frío, a neve e a choiva que agardan nos próximos meses. Para facelo, organiza un magosto ao que convida a todas as persoas que colaboran coa entidade, pero tamén a todos os veciños e veciñas que queiran coñecer mellor a natureza, a asociación e as súas propostas para os próximos meses. Entrada libre.

SÁBADO E DOMINGO

Harley-Davidson de primeiros do século XX

Harley-Davidson de primeiros do século XX

Exposición de motos de época. Centro Comercial Bergantiños-Gadis. Todo o día. A partir do sábado 12 de decembro e até o 10 de xaneiro -e en primicia durante toda a finde-, os amantes das motos antigas teñen unha cita no Centro Comercial Bergantiños-Gadis, xa que a Asociación de Amigos das Motos Clásicas de Bergantiños organiza unha exposición na que se exhibirán un total de 24 motocicletas de todas as épocas, de distintas marcas e modelos, que de seguro espertarán o interese dos afeccionados e afeccionadas, pero tamén de todos os veciños e veciñas que se acheguen á superficie comercial nestas datas. Desde marcas como Harley-Davidson a Derbi, seguro que gozades examinando estes vehículos que en ocasións son auténticas obras de arte. Entrada libre.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica