Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O comercio viste de gala un ano máis grazas ao...

Compartir:

O comercio viste de gala un ano máis grazas ao Concurso de Nadal

Volven o turrón, as luces e os festexos, e con eles volve o noso Certame de Escaparatismo; animádevos a participar, hai 2.000 € en premios!

Mar de Encuentros

Mar de Encuentros gañou o Concurso de 2014

Luces, espumillóns, árbores, bolas de cor ou Beléns invaden un ano máis os escaparates de Carballo grazas a un concurso que reparte 2.000 euros en premios. Premiamos o esforzo dos comerciantes que cada ano axudan a que a vila se contaxie do espírito do Nadal e visten as súas tendas con esforzo e orixinalidade. Precisamente esas son algunhas das características que terá en conta o xurado, xunto coa creatividade ou a iluminación á hora de valorar as propostas que recibirán 1.000 euros para o primeiro clasificado; 500 para o segundo; e un terceiro e cuarto premios de 250 euros cada un. O único requisito para participar é ter unha tenda en Carballo e inspirarse nun tema alegórico ao ambiente propio das festas de Nadal.

Prazo: até o 10 de decembro

Os escaparates deberán estar preparados ás 19.00 h. do luns 14 de decembro, momento a partir do cal o xurado poderá visitar os locais para xulgar as propostas. A decoración non poderá desmontarse antes do 25 de decembro, para que a xente poda gozar dos escaparates durante as festas de Nadal e vivir o ambiente propio destas datas. Os comercios deben tamén comprometerse a manter o escaparate iluminado alomenos até as 22.00 h. entre os días 14 e 25 de decembro, polo mesmo motivo. Se queredes participar, só tendes que presentar as vosas solicitudes no Rexistro da Casa do Concello entre o 26 de novembro e o 10 de decembro de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas; e os sábados de 9.30 a 13.30 horas.

Non o dúbidedes, construíde o Nadal con nós!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica