Carballo a un paso

Compartir:

Maxia, circo, danza, cine e moita música: en xullo e agosto en Carballo!

O programa Verán Cultural presenta quince propostas para todos os públicos para desfrutar do tempo de lecer

Verán Cultural 2021

21 de xullo de 2021 - Quince propostas de maxia, circo, danza, cine e música. Esa e a carta de presentación do Verán Cultural, un programa de actividades pensadas para os meses de lecer de xullo e agosto que leva xa máis de 20 anos entretendo a todas as persoas que se achegan a Carballo nestas datas. O cartel inclúe propostas variadas e de calidade, tamén apostando por propostas artísticas locais e galegas. Todos os espectáculos son de acceso gratuíto, con aforo limitado e as medidas sanitarias preceptivas, e ademais con distintos escenarios que inclúen sesións de cinema ou de maxia na praia de Razo, propostas no Pazo da Cultura e tamén en escenarios ao aire libre na rúa Jacinto Amigo Lera, no centro de Carballo.

Entre os nomes que pasarán por Carballo están o grupo de música e baile tradicional Xacarandaina, o programa do Xacobeo 21-22 coa Banda de Música de Brión, o grupo de rock carballés La Crema ©, os músicos Budiño e Pablo Novoa, a mestura entre o folk e a música electrónica de Baiuca, Maraya Zideco e o seu acordeón, o folclore de Pepe Vaamonde Grupo & Xisco; e para os máis cativos e cativas A Banda do Verán, o Mago Antón, Circo Chosco e A Tropa de Trapo. Para completar todas estas citas, habéra cine tanto en Carballo como en Razo e A Pedra do Sal e a Praia dos Libros para levar a literatura ata o mar.

Só tendes que consultar o programa e escoller cita! Agardámosvos!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica