Carballo a un paso

Compartir:

Tes en mente unha voda ou unha celebración? Casa con Expo Voda!

O Salón terá lugar o sábado 9 e o domingo 10 de novembro no primeiro andar do Mercado Municipal de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas

Se estás planeando un bautizo, un aniversario ou un casamento, tes unha cita en ExpoVoda! O Salón Nupcial e de Comuñóns cumpre sete anos con 28 expositores que amosarán todas as novidades en organización e celebración de eventos, e cunha proposta de ocio con degustacións gastronómicas, música, sorteos e tamén a recreación dunha voda. Se tendes á vista unha celebración poderedes atopar información, consello especializado e incluso suxestións. Dan, ou non dan gañas de casar?

A cita será no primeiro andar do Mercado Municipal en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas o sábado 9 e o domingo 10 de novembro. E poderedes consultar a Municipal Dmusik, Interfilm Carballo, Fanuchas creadora de dozura, Alfombra Roja Zapatería, Bodorrio, Marián Riestra Fotografía, Alonso Moda, Jenifer Vilariño Fotografía, Criss Becerra Fotografía, Mundiviajes, Anim-art, Galimusic, Aturuxo Disco, Retrátate Fotomatón, Sastrería Miguel, Finca Restaurante O Cadaval, Beauty Room, Floriforma, Mmmm! Xeados, Confitería San Luís, VisualK Vídeo, Mon Amic, Aires de novia, Neo Beat Events, Mary Kay, O Recreo Animación, Carla Romalde Música en directo e Pazo de Vilardefrancos. A cita está organizada polo CCA Carballo co apoio do Concello de Carballo no financiamento e no desenvolvemento do salón.

PROGRAMA

Sábado 9 de novembro

  • 11.00 Apertura e inauguración de ExpoVoda
  • 13.00 Degustación
  • 18.00 Recreación dunha voda civil con música en vivo a cargo de Carla Romalde
  • 18.30 Degustación
  • 19.00 Concerto a cargo de Os Piñeiros
  • 19.30 Sorteo cheque de compra por valor de 150€
  • 20.00 Peche

Domingo 10 de novembro

  • 11.00 Apertura de ExpoVoda
  • 13.00 Degustación
  • 18.00 Recreación dunha voda civil con música en vivo a cargo de Carla Romalde
  • 18.30 Degustación
  • 19.00 Concerto a cargo de Os Piñeiros
  • 19.30 Sorteo cheque de compra por valor de 150€
  • 20.00 Peche


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader