Carballo a un paso

Compartir:

Carballo promociona os seus mellores produtos nas Xornadas Gastronómicas de Allariz

O venres 12 de xullo a partir das 20.00 horas o público asistente a esta cita poderá probar unha escolma do mellor do noso mar e da nosa terra

Xornadas Gastronómicas de Allariz

Xornadas Gastronómicas de Allariz | 📷 Concello de Allariz

Carballo participa o venres 12 de xullo nas IV Xornadas Gastronómicas de Allariz, unha cita que se celebra cada ano no concello ourensán que naceu para poñer en valor a gastronomía e os viños locais, mais tamén para potenciar a colaboración institucional entre concellos. Con ese gallo, este ano Allariz convidou a Carballo para que estea nestas xornadas promocionando os nosos produtos e a nosa gastronomía, ademais do bo facer da hostalería local. Así, repartiranse as racións a partir das 20.00 horas con delicias coma estas: ensaladilla de mexillón e algas, empanada de xoubas, molete de Carballo con porco celta encebolado, queixo do país e ovo gratén e, por último, berberechos ao vapor.

Carballo servirá produtos como mexilóns, algas, empanada, molete de pan, porco celta, queixo do país ou berberechos

As Xornadas Gastronómicas de Allariz están enmarcadas dentro das festas patronais de San Bieito, unhas celebracións de carácter tradicional e con gran raigame popular. Así que, ademais das degustacións, haberá atractivas actuacións musicais e unha grande afluencia de público, xa que Allariz é un concello cun importante atractivo turístico con xente chegada dende Galicia, pero tamén doutros puntos da xeografía española. Ademais dunha degustación gastronómica, cada ano tamén hai un cataviños dunha denominación de orixe galega. Este ano, será a D.O Valdeorras.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica