Carballo a un paso

Compartir:

Unha viaxe pola nosa costa...

O proxecto Carballo é mar leva a Imende a mostra do xornalista Santi Garrido, ademais dun faladoiro sobre o libro Contos Mariños de Carballo

Imaxe do verán incluída na mostra | Foto: Santi Garrido

Detalle dunha imaxe do verán incluída na mostra | Foto: Santi Garrido

Este verán o proxecto Carballo é mar -creado para poñer en valor o litoral carballés- chega a Noicela a través de dúas actividades que axudarán a veciñanza e visitantes a coñecer un pouco mellor a nosa zona costeira e os segredos que agocha. Así, volve a exposición "O mar de Carballo en catro estacións", que recolle imaxes realizadas polo xornalista de La Voz de Carballo Santi Garrido. A primeira etapa desta mostra tivo lugar en decembro de 2017 no Fórum Carballo, e agora volve para visitar o mar que tan ben reflicte, xa que estará durante boa parte do verán no Centro Social de Imende atendendo a solicitude das veciñas e veciños do Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos.

A inauguración da mostra será o xoves 20 de xuño ás 20.30 horas e estará aberta ao público até o mes de agosto

En "O mar de Carballo en catro estacións" poden descubrirse moitos dos recunchos do litoral que son menos coñecidos e que non teñen nada que envexar ás mellores paisaxes da Costa da Morte. Dende Santa Mariña e As Percebeiras, a Leira, Razo, Baldaio, Pedra do Sal, o surf, os bañistas, as ondas. O mellor da nosa costa aparece nas imaxes dunha mostra na que podemos ver como o noso mar e as nosas paisaxes van evolucionando co paso das estacións do ano. A inauguración da exposición será o xoves 20 de xuño ás 20.30 horas coa presenza do autor, Santi Garrido, e está previsto que continúe no Centro Social de Imende até a primeira semana de agosto.

Faladoiro en agosto

Ademais o xoves 1 de agosto ás 20.30 terá lugar un faladoiro centrado nas historias recollidas no libro Contos Mariños de Carballo, coa presencia do seu autor Xabier Maceiras. Esta recomplicación de relatos saca á luz os feitos que forman parte da nosa historia mariñeira, incluidos naufraxios e peculiares travesías, moitos deles agochados na memoria das máis vellas e vellos das parroquias.

Historias de barcos como o Priam, de petroleiros como o Andros Patria, de pesqueiros como o Princesa de Asturias, están contados neste libro, e en agosto serán relatados e explicados polo seu autor.

Así que xa tendes excusa para vir a Carballo a visitar a nosa costa e, nomeadamente, a parroquia de Noicela e o Centro Social de Imende nas próximas semanas. Gozade do noso litoral cunha ollada diferente... Agardámosvos!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica