Carballo a un paso

Compartir:

Vive o verán en comuñón coa natureza con Senda Nova!

A entidade organiza uns meses cheos de actividades como un roteiro nocturno por Monte Neme ou unha sesión para observar as estrelas

Un momento da Berrea 2017

Un momento da Berrea 2017

Ademais da praia, as festas, as comilonas, as vacacións e os concertos, o verán tamén é unha época ideal para estar en contacto coa natureza e aproveitar o bo tempo. Podedes facelo con roteiros nocturnos, citas para observar as estrelas, avistamentos de aves, proxeccións de cinema ao aire libre ou mesmo cun curso de cartografía. E todo iso podedes encontralo no programa Verán ao Natural 2018, que entre os meses de xuño e setembro ofrece alternativas para pasar o voso tempo de lecer. Non só poderedes gozar coas paisaxes da nosa contorna, senón aprender sobre elas. Grazas á Asociación Ambiental Senda Nova e á colaboración do Concello de Carballo e da Plataforma en Defensa de Monte Neme, podedes animar o voso verán dun xeito diferente.

As citas unha a unha

  • Roteiro nocturno. Monte Neme (Carballo). 14 e 15 de xullo. As vistas desta ruta viaxan cara o mar grazas a aposta da Plataforma en Defensa de Monte Neme, que propón un percorrido nocturno por un dos balcóns máis importantes da Costa da Morte. Un lugar cheo de lendas, sobre todo nesta época. Ese será o escenario previo á pernocta que terá lugar nas ladeiras do mesmo Monte, rematando a actividade despois do almorzo do día 15. +info e inscricións: <asociacion@sendanova.org>; 611037617 ata dous días antes. Prezos: adultos 12€; 8€ socios; menores 6€.

  • Avistamento de aves. Malpica. 4 de agosto. Esta ruta -con saída prevista ás 17.00h.- serve para conmemorar o 70 aniversario das visitas realizadas polo ornitólogo Francisco Bernis ás Sisargas e conta co ornitólogo Álvaro Barros membro da SGO. É un gran coñecedor e amante do ornotoloxía e dos espazos naturais de Bergantiños. A actividade comezará en Malpica e rematará despois dun tempo dedicado ao avistamento, no mesmo cabo de Santo Hadrián. +info e inscricións: <asociacion@sendanova.org>; 636 326 083. Actividade gratuíta.

  • Cinema nocturno ao aire libre. Centro social de Rececinde (Coristanco). 9 de agosto. A programación de verán ten tamén un lugar para a difusión do primeiro DVD producido por Senda Nova, co apoio da Deputación da Coruña. HOXE QUEN BAILA? está baseado nos faladoiros organizados pola nosa asociación durante tres anos en 21 parroquias. A temática escollida para este traballo son as festas. Rececinde será o lugar que acolla a proxección do audiovisual, precisamente unha das parroquias que foron escollidas para a celebración dos faladoiros. Actividade gratuita.

  • Observación de estrelas. Monte Neme (Carballo). 11 e 12 de agosto. Os amantes da astronomía poden unirse a esta xornada nocturna de observación da choiva de estrelas Perseidas dende o Monte Neme. A cita inclúe un roteiro nocturno opcional dende Razo. +info e inscricións: <info@monteneme.org>; 630726820 ata dous días antes (só no caso da observación) e de balde. Quen queira realizar ademais o roteiro nocturno deben inscribirse sete días antes e o prezo é de 5€. 

  • Curso de iniciación á cartografía e á orientación. Espazo da natureza de Oza (Carballo). 6, 7 e 8 de setembro. Adentrarse na natureza con mapa e compás. Aprender a situarse a través do mapa ou saber combinar ámbalas dúas ferramentas para orientarnos ou solucionar situacións comprometidas pola falta de visibilidade. Estas son cousas que abordará este curso dende unha perspectiva básica e de achegamento co obxectivo de aprendérmonos a manexarnos con máis soltura dentro de espazos ao aire libre. +info e inscricións: <asociacion@sendanova.org>; 630726820 ata dous días antes. Actividade de balde.

  • A Berrea. Llaviana-Asturies. 21, 22 e 23 de setembro. Dende o nacemento da asociación vimos mantendo unha das actividades máis desexadas polos habituais de Senda Nova, unha cita de observación e convivencia na época de celo dos cervos do Alto Nalón de Asturies. A Berrea adaptase tamén á orografía e natureza da zona. Catro esperas para o avistamento que se suman ao espírito de convivencia e ao son dun dos maiores espectáculos da natureza cantábrica.  +info e inscricións: <asociacion@sendanova.org>; 611037617 ata tres días antes. Prazas limitadas. Prezos: adultos 75€; socios 65€; menores 55€; menores socios 45€.

Xa sabedes, se queredes vivir un verán distinto, ou siplemente saír da vosa rutina, non dubidedes en apuntarvos!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica