Carballo a un paso

Compartir:

As futuras estrelas do baloncesto, o 17 de maio en Carballo

A vila acolle unha nova edición do Día do Pequebasket con récord de asistencia: 62 equipos e máis de 700 participantes de toda Galicia

VI Día do Pequebasket

Cartaz do VI Día do Pequebasket

Todos os amantes do baloncesto teñen unha cita o 17 de maio en Carballo. Os e as afeccionadas poderán gozar coas pequenas estrelas deste deporte que soñan con converterse nos Gasol, Rubio, Barreiro ou Romay do futuro. Pero que, sobre todo, veñen a pasalo ben. Son xa seis os anos consecutivos en que a vila acolle esta cita que desta volta contará cun total de 62 equipos de toda Galicia e máis de 700 participantes. En cada edición son moitos os clubes e os cativos e cativas que non queren perder esta xornada cargada de deportividade, xogos, convivencia e moitas gañas de pasalo ben. E unha vez máis a organización, formada por Escola Basket Xiria, Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto ve superadas as súas expectativas cun novo récord de participación.

Presenza de Sito Alonso

Ademais, este ano a cita contará coa presenza do madrileño Sito Alonso, ex preparador do Barcelona, Baskonia, Bilbao, San Sebastian e Joventut, que estará en Carballo con Óscar Latexe, axudante de Alonso e ex adestrador do Xiria durante varios anos.

O Día do Pequebasket coincide, unha vez máis, coa festividade das Letras Galegas, aproveitando a xornada de lecer para invadir Carballo de deporte. Todos os anos hai inchables, coches a pedais, xogos, entretemento, convivencia, amizade e moito, moito baloncesto. O certo é que sempre resulta sorprendente ver aos meniños de 5 a 8 anos, que ademais de agochar moito talento, veñen ao Pavillón Carballo Calero a desfrutar; e sempre coas súas familias e co público que ten reservada unha zona para convivir e gozar da xornada.

Benvidos e benvidas a Carballo! Benvidos e benvidas ao VI Día do Pequebasket!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader