Carballo a un paso

Compartir:

O pan e as empanadas de Carballo, de ruta por España!

A nosa gastronomía estivo presente en Mérida en FIBEGA (Feira Iberoamericana de Gastronomía) no expositor da Deputación da Coruña

Pintaza os produtos da Coruña e de Carballo en FIBEGA!

Pintaza os produtos da Coruña e de Carballo en FIBEGA!

Carballo promociona o seu turismo gastronómico de calidade en FIBEGA, a I Feira Iberoamericana de Gastronomía que está tendo lugar en Mérida os días 20, 21 e 22 de novembro. Coa fin de dar a coñecer a riqueza gastronómica de Carballo como atractivo turístico, o noso municipio estivo presente neste encontro internacional no expositor da Deputación da Coruña cunha degustación do noso pan e as nosas empanadas. De feito, o presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, tivo a oportunidade de probar o pan e as empanadas de Carballo, que deberon de gustarlle bastante xa que estivo un bo anaco no stand.

O presidente da Junta de Estremadura, Guillermo Fernández Vara, tivo a oportunidade de probar os produtos carballeses

Ademais, os extremeños e extremeñas e todos os asistentes a esta cita internacional tamén tiveron a oportunidade de porbar outras delicias gastronómicas da contorna, como a torta de Ortigueira, os receitarios de Vimianzo, o vermú de Petroni (Padrón), embutidos de produtos Cárnicos Domínguez (Vimianzo), marmeladas de A Castrexa (Cambre), patacas fritidas de Bonilla a la Vista (A Coruña), marmelada de pemento de Padrón da Pementeira, conservas de Portomuíños e produtos feitos con auga de mar de Coído de Sabadelle (Vimianzo). Unha auténtica festa gastronómica ao alcance de todos os países de Iberoamérica.

A boa nova é que para poder gozar do noso pan, das nosas empanadas, dos produtos da nosa terra, do noso mar... só tendes que achegarvos a Carballo e probalos, un xoves ou domingo de feira, ou calquera día no noso Mercado, nos nosos locais hostaleiros... Carballo compromiso calidade!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica