Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias //

Compartir:

Por parroquias

Aldemunde

Aldemunde

Agochado e misterioso, atoparás en Aldemunde un dos maiores bosques autóctonos da Costa da Morte. A parroquia conserva un dos dolmens máis grandes de Galicia.

ler máis

Ardaña

Ardaña

Ardaña estende as súas terras ao longo dun fértil val, preto do núcleo urbano. Hai anos, boa parte destes campos pertencían ao Pazo de Gontade, o máis antigo do concello.

ler máis

Pazo de Vilardefrancos

Artes

Artes conserva dous bos testemuños do poderío das familias nobres na zona: os pazos de As Pallas e Vilar de Francos, xunto ao que se ergue un carballo centenario.

ler máis

Berdillo

Berdillo

Berdillo foi, en tempos, importante lugar de paso. Atravesábaa o camiño principal que ía da Coruña a Fisterra e a feira que levaba o seu nome era das máis importantes.

ler máis

Bértoa

Bértoa

Poderás descansar ao lado do río, en lugares como o refuxio de Queo ou o Muiño da Cheda. Aconsellámosche seguir o Anllóns ata Carballo polo paseo habilitado nas súas marxes.

ler máis

Cances

Cances

Á beira do monte Neme atopamos a parroquia de Cances. Conta con numerosos cruceiros e hórreos do século XIX, e cunha casa fidalga rehabilitada para o turismo rural.

ler máis

Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Galicia Agader