TXT_NOMBRE_PROYECTO

TIT_INICIO // Qué facer // Rutas // A senda do litoral

TIT_COMPARTIR:

A senda do litoral

Feito a medida para @s amantes da bicicleta e das paisaxes de mar

[ Lonxitude: 42 quilómetros]
[ Perfil: Ruta en bicicleta]

Namorarante as fermosas paraxes que se divisan dende a estrada que vai parella ao litoral que une Razo e Baldaio. Dende ela poderás contemplar na súa amplitude o espazo natural protexido que conforma o noso litoral costeiro.

Praia de Razo-Baldaio

Recomendámosche facer parada en Santa Irene de Castrillón, á beira da capela construída sobre un antigo castro, dende onde poderás observar a lagoa de Baldaio e boa parte do litoral de Carballo.

Bicicletas por Baldaio

Haste sorprender, seguro, coas vistas abertas ao Atlántico ao pasar a Pedra do Sal: preciosas son as paraxes que divisarás camiño a Leira.

O roteiro tamén ten interese dende o punto de vista etnográfico e patrimonial. Repara, en Cambre, nun conxunto de vivendas tradicionais cos muros de cachotaría, e en Cambrelle, nunha antiga casa con escudo que foi residencia dos Pardiñas, unha das principais familias nobres da zona. No traxecto que, dende Rebordelos, nos leva a Noicela consérvase un conxunto de arquitectura popular dos séculos XVIII e XIX.

Se aínda vos quedan ganas e forzas, recomendamos seguir camiño até a vila mariñeira de Caión, antigo porto baleeiro. O camiño de volta será, precisamente, pola estrada que vai de Caión a Carballo.

(Ruta deseñada por Juan M. Seoane Collazo)